Mentres aprendiamos a manexar a utilidade Prezi, deseñamos esta pequena presentación para o curso de Latín I (1º BAC), co fin de quedármonos con algunhas das palabras que os falantes do latín empregaban na súa vida diaria. Non é que agora se vaia falar latín, pero se cadra algún día son posibles as viaxes no tempo. Dunha conversa con Virxilio, por exemplo, canto coñecemento obteriamos!
Avete, navigatores. Hoc est blog materiae linguae Latinae Muradani Lycei "Fontexería". Hic multa de linguae Latinae alumnis eorumque magistro Adefonso, etiam de eorum labore invenies: nuntios imaginesque, tuis laboribus auxilia, facta et dicta memorabilia historiae vitaeque Romanae, et cetera. Speramus ut utile gratumque vobis sit.
lunes, 19 de noviembre de 2012
viernes, 2 de noviembre de 2012
ROMANAE QUAESTIONES II (MMXII-MMXIII)
Xa rematou o mes de outubro, e só unha persoa respostou ás preguntas dese mes, obtendo así 0,33 puntos que se sumarán á nota final do trimestre: foi María José, de 2º BAC. Xa sabedes o que vos queda ós demais se queredes aproveitar esta oportunidade.
Estas son as Romanae Quaestiones do mes de novembro:
I. O día 4 deste mes, hai 2.057 anos, un gran orador romano pronunciaba un discurso en defensa de certo rei asiático (aínda que a súa procedencia era europea). O tal rei estaba acusado de ter apoiado ó bando perdedor en certa guerra, na que en realidade non fixera máis que manterse leal a un xeneral romano que sempre fora o seu benefactor. Busca os nomes do orador, do rei, e tamén do xeneral.
II. Durante tres días ó ano, en Roma tiña lugar unha curiosa conmemoración: levantábase unha pedra que estaba tapando un pozo que, á súa vez, e segundo se cría, comunicaba co Inframundo. Dese xeito, os espíritos dos mortos podían volver por unhas horas á superficie da terra. O 8 de novembro era un deses días. Como se chamaba esa festa e en que outros dous días do ano se celebraba?
III. Hai 2.053 anos, un 26 de novembro, constituíase formalmente unha alianza política entre tres homes que manterían firmemente o poder en Roma durante os seguintes anos, aínda que ó final un acumulou todo o poder. Era a segunda vez na Historia de Roma que se producía un feito semellante. Con que nome coñecemos a esa alianza e quen a formou?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)