sábado, 31 de enero de 2009

Varii Concursus



Rematou xa xaneiro e comeza febreiro en poucas horas. Para alumnos e profesor de latín do noso Centro, é época de concursos. Comezando polo doméstico, as respostas ás romanae quaestiones que vos propuxen este mes eran as seguintes:


1. Marco Tulio Cicerón (106-43 a.C.)
2. "A sorte está botada"
O río Rubicón
Unha guerra civil
3. A deusa Carmenta.




Só tres persoas contestaron ás preguntas a través do correo electrónico ou algún comentario. O seu premio será 0'33 puntos na nota final do presente trimestre. Parece unha cifra rara (éo), mais tomará todo o seu sentido cando deamos as notas da segunda evaluación. Os aplicados alumnos, que vos debían servir de exemplo, son:


1. Óscar Romero (1º BAC)
2. Mª Rosa Fiuza (2º BAC)
3. Belén Vara (2º BAC) [para ela só 0'22 puntos, pois contestou a unicamente 2 preguntas]




Por outra banda, e seguindo con concursos de preguntas e respostas, onte rematou o prazo para anotarse na edición deste ano do concurso Odisea 2008, organizado pola Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos. A competición empeza o vindeiro luns día 2 ás 9 da mañá. Os grupos inscritos do noso Centro e os seus compoñentes son os seguintes:

POTATORES EXQVISITI
Martínez Lago, Mario (2º)
Romero Martínez, Libertad (2º)
Romero Chouza, Óscar
CALAMO CVRRENTE
Vara López, Belén (2º)
Estévez Lago, Adela (1º)
Tajes Rama, Pepi (4º)
SEQVERE ME
Martínez Valle, Marta (2º)
Rey Valle, Javier (1º)
Del Río Fernández, Ana (1º)
ILLIC TV
Fernández Caamaño, Tamara (2º)
Mayo Fernández, Ana (1º)
García Caamaño, Miguel (1º)
CASVS BELLI
Cancela Lago, Estela (2º)
Lago Sendón, Gabriel (1º)
Romero Lago, Álvaro (1º)
CORPVS DELICTI
Castro Moreira, Alba (2º)
Ferreirós González, Mercedes (1º)
Martínez Jurjo, Iván (4º)
RARAE AVES
Fiuza Lago, María Rosa (2º)
Fernández Ferrer, Cristina (2º)
Fernández Fernández, Sandra (4º)
FESTINA LENTE
Creo Lago, Martina (2º)
Simal Rey, Lúa (1º)
Olveira Arcos, Leticia (1º)
BIS VINCIT QVI SE VINCIT
Rodríguez Caamaño, Lucía
Rodríguez Rodríguez, Manola


Moita sorte a todos, e a ver se algún dos grupos chega á fase final.
MINERVA PROPITIA VOBIS SIT

lunes, 26 de enero de 2009

Attendite, alumni quarti cursus!

Tal como quedamos hoxe, aquí tedes a presentación que debedes completar cos datos que traballastes nos exercicios da semana pasada. A traballar con xeito.
Nunc est laborandum

Etymologiae
View more presentations or upload your own. (tags: evolución semántoica)

lunes, 19 de enero de 2009

Attendite, alumni primi cursus baccalaureatus! : HISTORIA VRBIS ROMAE (I)

AVETE, DILECTI ALVMNI:

Aquí tedes a primeira presentación das catro que constituirán o noso vehículo de achegamento á Historia de Roma. Podedes vela directamente nesta páxina empregando os controis de desprazamento, ou tamén descargala ó voso ordenador premendo no icono que está na parte inferior dereita da pequena pantalla (si: ese que está en cores azul e laranxa). Iredes a unha páxina onde veredes unha pantalla semellante, que na parte superior inclúe unha pestana coa etiqueta "Download". Premedes nela, e xa está.

Valete. Vobisque prosit!
Historia De Roma (1) A Monarquía
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: parte) (1ª)

Attendite, alumni secundi cursus baccalaureatus!

Aquí tedes a presentación co resultado do experimento que fixemos sobre cómo traballan os editores de textos críticos. Non teñades vergoña de que todo o ciberespacio vexa os vosos erros: neste caso, foron moi productivos.

jueves, 15 de enero de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (II)

AVETE, DILECTI ALVMNI


Hic habetis questiones de rebus Romanis: respondendae sunt ante finem mensis ianuarii. Mementote vos nuntio electronico uti posse. Sit vobis amoenum utileque!







I. Hai 2.114 anos, o 3 de xaneiro, nacía na pequena vila de Arpino, preto de Roma, o que despois foi considerado o máis grande orador romano de todos os tempos. ¿De quen se trata? Considerarase como resposta correcta aquela que inclúa o nome completo do persoeiro, acompañado das datas de nacemento e morte.






II. Por outra banda, 55 anos despois do acontecemento anterior, xusto o 10 de xaneiro, G. Xulio César pronunciaba, a piques de cruzar certo río, a coñecida frase Alea iacta est, enfrontándose desde aquel momento a unha situación difícil. ¿Que significa a frase, que río cruzou César, e qué grave suceso provocou coa súa acción?







III. E todos os anos, o 15 de xaneiro as matronas romanas (matrona= muller casada) celebraban unha festa en honra de certa deusa menor (non é ningunha das do panteón olímpico). A festividade conmemoraba certa ocasión na que, como o Senado lles prohibira ir en carro, as matronas se negaron a ter fillos (e, claro está, á práctica que adoita traelos como consecuencia). ¿Que deusa era esta e de que ámbito da vida se encargaba?






Bulide, porque xa sabedes que tempus fugit.


VALETE

lunes, 12 de enero de 2009

Attendite, alumni quarti cursus!

AVETE, STVDIOSI ALVMNI
Vista a dificultade que tivestes en comprender o que se vos pedía esta mañá, velaquí tedes un exemplo de cadro útil para elaborar o exercicio da páxina 32 da libreta:


Seguindo este modelo, facede o exercicio, como hoxe á mañá, por parellas, seguindo escrupulosamente estes pasos:

1. Buscade nun diccionario de latín as palabras da lista da páxina 32 da libreta.

2. Deducide, polo significado orixinal e polas leis fonéticas que estudiamos no primeiro trimestre, qué PALABRA SIMPLE deu como resultado en galego e castelán a palabra latina.

3. Buscade, en diccionarios de galego e castelán, palabras relacionadas lexicamente coa palabra latina, anotando os significados daquelas que non coñezades.

Máis nada, de momento. Na vindeira clase repartiremos os seis étimos latinos que cada parella debe traballar.

VALETE

LABOR ITER EST AD SCIENTIAM

Magister Adefonsus

ROMANAE QVAESTIONES (I)

AVETE, DILECTI ALUMNI



Comeza aquí un reto para os estudiantes de latín deste Instituto. Cada mes aparecerán no blog unha serie de preguntas sobre personaxes ou feitos relacionados coa Antiga Roma dos que se cumpre o aniversario. Para contestalas, podedes enviar un correo electrónico a murosenlatin@hotmail.es.



Por suposto, para atopar as respostas debedes poñer en práctica toda a vosa capacidade detectivesca, empregando todo tipo de medios (excepto o de preguntarlle ó profe, claro). Ademais, teredes que declarar as fontes informativas que usastes no voso labor de investigación, e baixo ningún concepto compartir as contestacións cos compañeiros: é un desafía individual. Por suposto, poden participar alumnos de Latín de calquera nivel.
Por se alguén se está facendo a pregunta, a resposta é: si, hai premio. E este é unha anotación positiva no caderno do profe. ¿Que mais queredes? Para recompensas máis materiais, a Biblioteca e outros Departamentos xa organizan os seus concursos. As preguntas aparecerán neste blog, se todo vai ben, en calquera momento a partir do vindeiro mércores 14.

E, falando de concursos, hoxe abre o prazo para presentarse ó concurso Odisea 2009, organizado pola Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos. Lémbrovos que o noso IES gañou este concurso nos anos 2006 e 2008. Se queredes intentar aumentar o palmarés, velaquí o enlace coas bases e o xeito de anotarse:
VALETE
Magister Adefonsus