lunes, 2 de noviembre de 2009

Attendite, alumni Quarti Cursus Culturae Classicae!

E, complementando a anterior, unha moi semellante, pero sobre a outra gran capital do Mundo Clásico: Roma.

Attendite, alumni Quarti Cursus Cuturae Classicae!

Velaquí tedes a presentación que traballamos nas clases sobre a cidade antiga de Atenas e os seus restos arqueolóxicos.

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Nesta presentación recoñeceredes todo o que falamos na clase sobre a topografía da cidade de Roma, así como a descrición dos seus restos arqueolóxicos máis importantes.

Attendite , alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Con esta presentación poderedes repasar os contidos que vimos sobre a historia do latín e as linguas romances.

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Velaquí tedes a presentación coa que traballamos na clase o tema da comparación de linguas e a familia lingüística indoeuropea.

miércoles, 7 de octubre de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / I)

Comezamos o curso facilitando as cousas. Para que non se diga que non é doado acumular puntos, desde este blog ofrecemos a todos os alumnos do IES Fontexería matriculados en Cultura Clásica e/ou Latín a posibilidade de sumar ata 1 punto na súa nota final do trimestre. Para conseguilo haberá que respostar individualmente a tres preguntas que cada mes aparecerán no blog. Todas elas versarán sobre acontecementos relacionados coa Antiga Roma cuxo aniversario se cumpre no mes de que se trate.



Para atopar as respostas recoméndase empregar os buscadores de Internet, que son moi útiles.

A mecánica e as normas deste pequeno concurso son as seguintes:

I. Cada mes, e ata a fin do mesmo, aparecerán no blog as preguntas correspondentes.
II. A participación é individual, e non se poderán compartir as respostas con outro compañeiro. Para garantilo, só se poderán buscar as respostas durante os recreos e coa supervisión do profesor. Con ese motivo, os alumnos interesados deberán manifestar con antelación a vontade de participar ó profesor, quen os citará para un recreo, ben na propia Aula de Humanidades, ben na Biblioteca.
III. O valor dos puntos outorgado por resposta correcta é de 0,11.


Ben, pois estas son as preguntas para este mes de outubro:

1. Hai 2.094 anos nacía un primeiro de outubro na pequena vila italiana de Amiterno un importante historiador romano. As súas dúas obras máis importantes narraban un intento de golpe de Estado en Roma e unha guerra contra un rei Africano. A resposta correcta consistirá en dar o nome do historiador e o das súas dúas obras.





2. Os días 10 e 13 de outubro de hai 1.990 e 1.955 anos, respectivamente, morrían dous persoiros membros da familia Xulia-Claudia, que formou a primeira dinastía de Emperadores romanos. Coa morte do primeiro unha enorme dor invadiu Roma enteira, segundo contan as crónicas, ata o punto de que os templos foron apedreados, e mesmo houbo quen abandonou a recén nacidos nas rúas. En canto ó pasamento do segundo personaxe, non foi tan sentido: mais ben estivo rodeado de misterio, pois a morte veuno buscar logo de ter ceado un bo plato de setas que lle servira a súa esposa. Quen eran os dous persoeiros e que relación familiar tiñan entre eles?



3. Para rematar, un nacemento e unha morte. O día 15 de outubro de hai 2.079 anos nacía en Mantua o suposto autor dun pequeno poema dedicado a un mosquito; iso si, é moito máis coñecido e apreciado por outras tres obras, pero a pregunta sería demasiado doada se dixeramos os títulos. Por outra banda, o mesmo día de hai 2.064 anos morría, segundo parece, outro poeta, moi admirado polo anterior e que destacou por seguir as ensinanzas filosóficas de Epicuro e expoñelas en forma de poema. Quen eran eses dous escritores latinos?



SAPIENTIA VOBIS ADSIT!

viernes, 25 de septiembre de 2009

INITIVM CVRSVS!

Avete, navigatores!
Novum cursum MMIX-MMX incipimus, discendi docendique cupidi. Amabile iter vobis per materias linguae Latinae desideramus! Sit nobis Miverva propitia (et levis labor)!


Pois si: aquí estamos de novo. Comezamos un novo curso con ilusión e gañas de facervos partícipes da riqueza cultural e humana que proporciona o coñecemento da lingua latina e a cultura de Roma.
Á espera de dispoñer dun espacio Moodle na proxectada nova páxina web do noso Centro, seguiremos a empregar este blog para comunicar novas e publicar materiais relacionados coa actividade docente do Departamento de Latín. A presentación que tedes aquí serve de introducción ó latín como vehículo da cultura ó longo de case toda a historia de Occidente. Con ela estamos a iniciar o ano académico nos cursos de 4º ESO e 1º BAC.
Lembramos que os alumnos destes cursos deberán entregar unha redacción na que se inclúan as súas impresións sobre estes contidos.