miércoles, 17 de diciembre de 2008

Attendite, alumni secundi anni baccalaureatus


Lembrade que debedes realizar un traballo sobre o visionado da película Golfus de Roma (A Funny Thing Happened On The Way To The Forum, R. Lester, 1966). O traballo deberá ser entregado o día 8 de xaneiro de 2009 (non se admitirán demoras).
A seguir tedes unha serie de enlaces web comentados que vos permitirán recoller a información necesaria:

1. http://www.imdb.com/title/tt0060438/
A Internet Movie DataBase (IMDb) é unha inmensa base de datos con fichas técnicas (e mesmo comentarios de internautas) sobre películas de todos os tempos. Este enlace lévavos á película que nos ocupa, que á súa vez ten ligazóns a actores e técnicos que participaron no film. Especialmente interesantes (por amenas) son as seccións trivia e goofs ("curiosidades" e "pifias") que podedes ver na columna da esquerda baixo o epígrafe Fun stuff ("cousas divertidas"). Quizais a pega, como vedes, é que está en inglés, pero xa sabedes que é o idioma maioritario en internet.

2.http://en.wikipedia.org/wiki/A_Funny_Thing_Happened_on_the_Way_to_the_Forum
3.http://en.wikipedia.org/wiki/A_Funny_Thing_Happened_on_the_Way_to_the_Forum_(film)
Por suposto, a Wikipedia tamén nos serve, aínda que os mellores artigos sobre esta película están tamén en ingles. O primeiro deles (2) fálavos da comedia musical de Broadway, orixe do film: datos sobre a historia do libreto, o argumento e, o máis interesante, unha caracterizacións dos personaxes. A segunda referencia (3) é xa sobre a película, aínda que pouco máis inclúe que vos poda servir que un resume do argumento.

4. http://antalya.uab.es/pcano/aulatin/llibreV/comedia.htm
Xa en castelán, este enlace ten unha perspectiva próxima a un alumno de 2º de Bacharelato. Comenta as orixes do guión, o contexto romano e cómo está conseguido, así como algúns recursos cómicos propios de Plauto que aparecen no film.

5.http://www.culturaclasica.com/colaboraciones/lillo/golfus_de_roma.pdf
Esta é unha guía didáctica pensada para que o estudiante a complete. Como é unha páxina recomendada polo Grupo de Traballo que prepara a proba de Latin das PAAU, suxírovos que a empreguedes para realizar o traballo. Descargádela, imprimídela e ídela completando: se non vos chega o espacio para contestar ás preguntas, usade folios a parte. Está bastante ben, sobre todo no que se refire ás fontes plautinas nas que se basea a película.

Por último, unha vez elaborados os traballos, veremos cómo podemos combinar os resultados co fin de que vos quede un instrumento útil para preparar esta parte da materia de cara as PAAU.

Máis nada (por agora).

BONA SATVRNALIA!
BONVM INITIVM IN ANNVM MMIX!

Magister Adefonsus


No hay comentarios:

Publicar un comentario