martes, 3 de marzo de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (IV)

Rematou o mes de febreiro e unha soa persoa contestou (iso si, correctamente) ás preguntas do noso concurso mensual sobre aspectos relacionados coa historia e a cultura de Roma. Polo tanto, Óscar Romero suma de novo 0,33 puntos á súa nota final do trimestre. Por se alguén quere servirse deste xeito tan pouco difícil e tan ameno de mellorar a súa calificación, aí van as preguntas para este mes de marzo (lembrade: as respostas, a través do correo electrónico murosenlatin@hotmail.es)









1. O primeiro día deste mes nacía na vila de Bilbilis un poeta romano que cultivou por extenso o xénero do epigrama, que era unha composición breve e directa sobre os máis variados temas, normalmente con intención satírica. Debedes averiguar o nome completo deste autor, xunto coas datas de nacemento e morte.









2. E, como sempre na vida, uns chegan e outros marchan. Neste caso, o 7 de marzo do ano 161 d. C. morría Tito Fulvio Boionio Arrio Aurelio Antonio, Emperador romano moito máis coñecido por outro nome, por sorte para todos máis breve. ¿Cal era?









3. Finalmente, o 15 de marzo os romanos celebraban todos os anos, nun campo ás beiras do Tíber, unha festa multitudinaria na que a xente se dedicaba, sobre todo, a beber (e non auga precisamente): en concreto, pedían ós deuses tantos anos de vida como vasos de viña fosen quen de beber. Pedíanllelos ós deuses en xeral, si, pero... ¿a qué deusa en particular?






SIT VOBIS LABOR LEVIS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario