lunes, 10 de mayo de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / VIII)


Perdón polo retraso, pero ás veces vita laborem impedit, que podería decir un proverbio latino.

Antes de ofrecervos a mensual posibilidade de incrementar a vosa nota de trimestre, debemos felicitar a Elena Fernández, que foi a única que respostou correctamente ás preguntas do mes anterior. Unha vez máis lembramos: é unha forma non demasiado difícil (e ben rápida) de mellorar a vosa nota final. E quizais nesta fase do curso vos fará boa falta.

Sen máis rollos, aí van as Romanae Quaestiones deste mes de maio:






1. O día 4 deste mes, hai 2.021 anos, un gobernante romano de maxestuoso alcume inauguraba un teatro de pedra que comezara a construír o seu tío avó. Este teatro, que aínda se conserva en parte hoxendía, levou o nome do seu sobriño e xenro, en quen tiña depositadas as súas maiores esperanzas como herdeiro. Por desgracia para el (e para o seu xenro), o rapaz morrera, moi novo, algúns anos atrás. Como se chamaban os tres personaxes citados (tío avó-sobriño neto-sobriño xenro... ha, ha, ha)?






2. O 23 de maio de cada ano os romanos honraban ós seus difuntos depositando nas súas tumbas certas flores. Cales eran e con que nome se coñecía esta celebración?









3. O día 22 deste mes, 348 anos despois da inauguración do teatro citado na primeira pregunta, morría un emperador romano. E isto aconteceu nunha cidade oriental que leva o seu nome; e a este personaxe os cristiáns estivéronlle moi agradecidos, por gracias a el a súa situación cambiou radicalmente, e para mellor. Como se chamaba o emperador (e a cidade), e que favor lle fixo ós cristiáns?



PRODEST MIHI QVOD DISCO

No hay comentarios:

Publicar un comentario