lunes, 12 de enero de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (I)

AVETE, DILECTI ALUMNI



Comeza aquí un reto para os estudiantes de latín deste Instituto. Cada mes aparecerán no blog unha serie de preguntas sobre personaxes ou feitos relacionados coa Antiga Roma dos que se cumpre o aniversario. Para contestalas, podedes enviar un correo electrónico a murosenlatin@hotmail.es.



Por suposto, para atopar as respostas debedes poñer en práctica toda a vosa capacidade detectivesca, empregando todo tipo de medios (excepto o de preguntarlle ó profe, claro). Ademais, teredes que declarar as fontes informativas que usastes no voso labor de investigación, e baixo ningún concepto compartir as contestacións cos compañeiros: é un desafía individual. Por suposto, poden participar alumnos de Latín de calquera nivel.
Por se alguén se está facendo a pregunta, a resposta é: si, hai premio. E este é unha anotación positiva no caderno do profe. ¿Que mais queredes? Para recompensas máis materiais, a Biblioteca e outros Departamentos xa organizan os seus concursos. As preguntas aparecerán neste blog, se todo vai ben, en calquera momento a partir do vindeiro mércores 14.

E, falando de concursos, hoxe abre o prazo para presentarse ó concurso Odisea 2009, organizado pola Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos. Lémbrovos que o noso IES gañou este concurso nos anos 2006 e 2008. Se queredes intentar aumentar o palmarés, velaquí o enlace coas bases e o xeito de anotarse:
VALETE
Magister Adefonsus

No hay comentarios:

Publicar un comentario