lunes, 12 de enero de 2009

Attendite, alumni quarti cursus!

AVETE, STVDIOSI ALVMNI
Vista a dificultade que tivestes en comprender o que se vos pedía esta mañá, velaquí tedes un exemplo de cadro útil para elaborar o exercicio da páxina 32 da libreta:


Seguindo este modelo, facede o exercicio, como hoxe á mañá, por parellas, seguindo escrupulosamente estes pasos:

1. Buscade nun diccionario de latín as palabras da lista da páxina 32 da libreta.

2. Deducide, polo significado orixinal e polas leis fonéticas que estudiamos no primeiro trimestre, qué PALABRA SIMPLE deu como resultado en galego e castelán a palabra latina.

3. Buscade, en diccionarios de galego e castelán, palabras relacionadas lexicamente coa palabra latina, anotando os significados daquelas que non coñezades.

Máis nada, de momento. Na vindeira clase repartiremos os seis étimos latinos que cada parella debe traballar.

VALETE

LABOR ITER EST AD SCIENTIAM

Magister Adefonsus

No hay comentarios:

Publicar un comentario