lunes, 13 de abril de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (V)

O fin do mes de marzo coincidiu co do segundo trimestre, e desta vez houbo algunha persoa máis que contestou ás preguntas que desde este blog so vos propoñen co fin de que aumentedes os vosos coñecementos sobre a Roma antiga, e ademais poidades sumar ata un punto ó trimestre á vosa nota final.

Como xa vai gastada case a metade do mes de abril, suxírovos que vos poñades as pilas nestes quince días que quedan de mes e atopedes as respostas a estas tres preguntas. Lembrade: sempre son cuestións referentes a acontecementos dos que se cumpre o aniversario no mes en curso. Aí van:







Entre o 4 e o 11 de abril celebrábanse en Roma unhas festas na honra de certa deusa. Os seus sacerdotes levaban a súa imaxe en procesión plas rúas de Roma: ía sentada nun carro tirado por leóns, acompañada de música e fortes berros rituais. Ademais, durante estes sete días, celebrábanse banquetes nos que os patricios e os plebeios se invitaban reciprocamente. Tedes que averiguar o nome da deusa e o das festas en cuestión.












Xustamente, o 12 de abril festexábase en Roma a chegada á cidade dunha pedra que representaba á deusa da que falabamos na pregunta anterior. Un oráculo lido en certos libros relixiosos establecera que esta pedra debía ser transportada Roma para salvala dun grande peligro no que se atopaba hai 2.213 anos. ¿Qué perigo era ese e con qué nome se coñece ós libros que se consultaron?












Para rematar, un cumpreanos: hai 1.888 anos nacía un emperador que se fixo famoso polo seu bo goberno e pola súa faceta de filósofo. Mesmo deixou escrito un breve libro cos seus pensamentos, expresados en sentencias breves. ¿Quen era o emperador, a qué escola filosófica estaba adscrito, e cómo se titula o seu libro, que aínda se conserva?

No hay comentarios:

Publicar un comentario