martes, 16 de marzo de 2010

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Cachinno!, que diría un romano (é dicir: "río a gargalladas"). Si: cando quero son un pouquiño "malote". Non é por nada, pero faltaba unha presentación: é aquela na que se resumen as sesións que dedicamos a analizar morfoloxicamente varias palabras nosas. Se lembrades, comprobaramos que unha enorme cantidade de sufixos, tanto léxicos como gramaticais, teñen procedencia latina (como non? Se a fin de contas somos máis romanos que outra cousa).

Lembrade que os contidos de etimoloxía (o primeiro que traballamos neste trimestre), xa foran subidos ó blog. Déixovos o enlace: Etimoloxías latinas

Ben, agora si que xa non hai máis material para Latín de 4º. De aquí ó día do exame, xa sabedes:

STVDIVM, SAPIENTIA, FORTVNA IVSTITIAQVE

No hay comentarios:

Publicar un comentario