martes, 2 de marzo de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / VI)

Novo mes e nova oportunidade de sumar décimas á vosa nota final do trimestre. Para iso, e como ven sucedendo todos os meses desde principio de curso, debedes buscar as respostas ás preguntas que veredes algo máis abaixo. Lembrade: sempre se trata de acontecementos da historia da antiga Roma dos que se está a cumprir o cabodano.






I. O primeiro día de cada mes de marzo, os romanos (máis ben as romanas) celebraban unhas festas na honra de certa deusa. Ó seu templo acudían moitas mulleres para pedirlle pola felicidade dos seus matrimonios e, se estaban embarazadas, tamén por un parto feliz (lembrade que na Antigüidade o parto era un acontecemento no que a vida da nai e do bebé estaban moito máis en risco que nos nosos días, polo menos nos países desenvolvidos como o noso). Ah... que cal é a pregunta? Cal vai ser? Debedes averiguar o nome das festas e a deusa a que estaban dedicadas.






II. O 10 de marzo de hai 2.252 anos un cónsul romano derrotaba á flota de certo imperio rival, poñendo así final á primeira de tres guerras entre as dúas potencias máis importantes da época no Mediterráneo. Como se chamaba o cónsul, con que nome se coñece á batalla, e que guerra rematou con ela?






III. O derradeiro día deste mes que acaba de comezar, iso si, 209 anos despois da batalla a que nos referiamos na pregunta anterior, deixábase morrer de fame certo individuo, moi amigo do considerado mellor prosista da literatura latina, con quen mantivo unha longa correspondencia, gran parte da cal conservamos. De que dous personaxes estamos a falar?









DIVITES SAPIENTIAE SITIS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario