Este mes que principia hoxe supón a penúltima ocasión para sumar 0,33 puntos á nota final do trimestre (no caso dos alumnos de 2º BAC é a derradeira, polo que o valor será de 0,66 puntos). Cómpre felicitar a Nerea (4º ESO), e tamén a María José, Sheila, Nuria e Samanta (todas elas de 2º BAC), por ter respostado ás preguntas do mes de abril
Sen máis, estas son as Romanae Quaestiones do mes de maio:
I. Hai 2.024 anos, certo persoeiro, decisivo na Historia de Roma, inaugurou un edificio público na honra dun seu sobriño e xenro, que, anos atrás, fora designado por el mesmo como o seu herdeiro e sucesor político. Debido á súa prematura morte, esta construcción -parte del aínda en pé- serviría como lembranza do rapaz e do amor que seu tío e sogro sentira por el. De que dúas persoas e edificio estamos a falar?
III. O 28 de maio, 42 anos antes da inauguración do edificio mencionado na primeira quaestio, morría en combate un xeneral romano que estaba a intentar un enorme territorio situado máis aló da fronteira oriental do territorio romano naquela época. Ese xeneral obtivera moito prestixio case 20 anos atrás, ó rematar cunha sublevación de escravos na península italiana. A que xeneral nos referimos, que territorio quixo conquistar e quen fora o líder da revolta de escravos?

No hay comentarios:
Publicar un comentario