jueves, 15 de enero de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (II)

AVETE, DILECTI ALVMNI


Hic habetis questiones de rebus Romanis: respondendae sunt ante finem mensis ianuarii. Mementote vos nuntio electronico uti posse. Sit vobis amoenum utileque!







I. Hai 2.114 anos, o 3 de xaneiro, nacía na pequena vila de Arpino, preto de Roma, o que despois foi considerado o máis grande orador romano de todos os tempos. ¿De quen se trata? Considerarase como resposta correcta aquela que inclúa o nome completo do persoeiro, acompañado das datas de nacemento e morte.






II. Por outra banda, 55 anos despois do acontecemento anterior, xusto o 10 de xaneiro, G. Xulio César pronunciaba, a piques de cruzar certo río, a coñecida frase Alea iacta est, enfrontándose desde aquel momento a unha situación difícil. ¿Que significa a frase, que río cruzou César, e qué grave suceso provocou coa súa acción?







III. E todos os anos, o 15 de xaneiro as matronas romanas (matrona= muller casada) celebraban unha festa en honra de certa deusa menor (non é ningunha das do panteón olímpico). A festividade conmemoraba certa ocasión na que, como o Senado lles prohibira ir en carro, as matronas se negaron a ter fillos (e, claro está, á práctica que adoita traelos como consecuencia). ¿Que deusa era esta e de que ámbito da vida se encargaba?






Bulide, porque xa sabedes que tempus fugit.


VALETE

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  4. Bo intento, Rosa. A fin de mes saberás se acertaches. Moitísimas gracias por participares

    ResponderEliminar