viernes, 6 de febrero de 2009

Concurso Odisea 2009

Concluíu a fase final do concurso Odisea 2009, organizado pola Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC).
Como sabedes, os alumnos de Latín e Grego do noso Centro presentábanse encadrados en 9 grupos. Estes, xunto con outros 23 grupos de Institutos de toda Galicia, alcanzaron a máxima puntuación posible (77 pts.) ó respostar ás preguntas que a organización foi formulando a través da súa web o luns, martes, mércores e xoves desta semana. Polo tanto, como estaba previsto nas bases do concurso, será precisa unha fase de desempate, que terá lugar o vindeiro mércores día 10 entre as 16,30 e as 19,30. Segundo nos foi comunicado pola organización, os nosos grupos están citados para ese día e horas na cidade de Santiago de Compostela, probablemente nos centros IES Eduardo Pondal e IES Xelmírez I, aínda que esto último será confirmado a primeiros da semana que vén.
Pola nosa parte, a noraboa ós grupos clasificados, que son estes:

CORPVS DELICTI: Alba Castro, Merche Ferreirós, Iván Martínez
RARAE AVES: Rosa Fiuza, Cris Fernández, Sandra Fernández
SEQVERE ME: Marta Martínez, Javi Rey, Ana Del Río
FESTINA LENTE: Martina Creo, Lúa Simal, Leticia Olveira
ILLIC TV: Tamara Fernández, Ana Mayo, Máikel García

Estes rapaces realizarán o martes, veremos se pola mañá ou pola tarde, un ensaio. Máis detalles a partir do luns.


MINERVA SEMPER SIT NOBISCVM

No hay comentarios:

Publicar un comentario