miércoles, 11 de febrero de 2009

Tertium praemium Concursus "Odisea 2009" tulimus!

Magna gaudia omnibus alumnis Lycei Muradani!
Hoxe mércores, como estaba previsto, tivo lugar o desempate da Fase Galega do Concurso Odisea 2009. Finalmente, asistiron tres grupos do noso Centro ó IES de Ames para participar neste evento. O suspense acompañounos desde o principio, xa que xusto ás 16,30, hora do comezo, a páxina web na que debían aparecer as cuestións non cargaba. Os responsables da organización fixeron chegar as preguntas co inevitable retraso, mais as condicións foron iguais para todos. A partir dese momento comezaron case tres horas contra o reloxio. O resultado final deixou ó grupo SEQVERE ME (Marta Martínez, Javier Rey e Ana Del Río) en terceiro lugar, só superados por dous grupos do IES de Ames, que obtiveron os dous primeiros lugares. Os outros dous grupos nosos quedaron como segue: en cuarta posición, CORPVS DELICTI (Alba Castro, Merche Ferreirós e Iván Martínez), cos mesmos puntos que SEQVERE ME, mais cunha desavantaxe en tempo de 1m 20 s.; e en oitava posición, con algúns puntos menos, rematou FESTINA LENTE (Martina Creo, Lúa Simal e Leticia Olveira).
En fin, que os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica do noso Centro seguen a manter unha boa liña neste concurso desde o seu inicio en 2006: primeiros en 2006; primeiros, segundos e terceiros en 2008; primeiros na fase estatal (con participación da Comunidade Valenciana) no mesmo ano; e, por fin, terceiros este ano.
A todos os alumnos: felicidades, moitas gracias e habémolo celebrar como corresponde. Máis información nesta web: www.seecgalicia.org/odisea.
De momento, botádelle unha ollada a estas fotografías:

No hay comentarios:

Publicar un comentario