martes, 10 de febrero de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (III)


Nós tamén seguimos co noso concurso particular. Velaquí van as tres cuestións correspondentes ó mes de febreiro. Lembrade que todas se refiren a acontecementos da historia e cultura romanas dos cales se cumpre algún aniversario. E non esquezades que a resposta correcta a estas preguntas servirá para "engordar" a nota final do trimestre. Por certo, para contestar empregade o noso correo electrónico: murosenlatin@hotmail.es. Sorte e sapiencia.






1. Todos os anos, o 15 de febreiro, celebrábanse en Roma unhas festas na honra de certo deus. Nelas uns mozos, logo de sacrificar unha cabra en certa cova, manchaban a cara co sangue da víctima e percorrían a cidade zoupando a todo o que se topaban cunhas correas. Moitas mulleres recibían de bo grado este pequeno castigo, xa que se supoñían favorecedores da fertilidade. ¿A que festa nos estamos a referir e en honra de qué deus eran?






2. O 24 de febreiro do 391 d. C. un Emperador publicaba un edicto relativo ás prácticas relixiosas. ¿De que Emperador se trata e qué aspecto concreto regulaba ese edicto?






3. E falando de Emperadores con gañas de lexislar, o 27 de febreiro de 274 d. C. nacía un que ós seus 39 anos publicaría un decreto decisivo para a Historia de Roma e tamén do mundo enteiro. Busca o nome do Emperador, o do decreto e a qué se refería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario