jueves, 11 de febrero de 2010

Resultado do desempate do concurso Odisea 2010


Onte á tarde, entre as 16,30 e 19,30, celebrouse no noso Centro unha das fases do desempate do Concurso Odisea 2010, no que vimos participando desde que se creou.

Como sabedes, 7 dos 10 grupos que principiaron a competición conseguiron clasificarse para este desenlace, no que non tivemos tanta sorte como en anos anteriores, xa que non conseguimos ningún dos tres primeiros postos. Con todo, estamos satisfeitos do nivel de participación alcanzado, e eu, como profesor, non podo máis que agradecer a dedicación dos meus alumnos, sobre todo nun día como onte, no que a dificultade das preguntas era moi elevada: xa é un mérito o estar pegado ó ordenador e ós libros durante case tres horas para intentalo facer o mellor posible.
Non queremos tampouco esquecernos de felicitar ós tres equipos gañadores: a nosa sincera noraboa vai para vós. Cremos que entre todos cumprimos o obxectivo do concurso, que é facer un pouco máis presentes as nosas materias na vida dos nosos centros.

E, como non, felicitamos tamén á organización do concurso, porque sabemos que estas cousas, que dan moio traballo, se fan gratis et amore. Ademais, xusto é recoñecer que cada ano o fan mellor.

Esperamos ter, como mínimo, a mesma sorte o ano que ven.

GRATIAS MAXIMAS OMNIBVS VOBIS AGO

No hay comentarios:

Publicar un comentario