lunes, 1 de febrero de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / V)

Neste mes de febreiro continuamos coa oferta de todos os anteriores e os vindeiros: queredes sumar ata 1 punto na nota deste trimestre? Pois contestade, sempre diante da supervisión do profe, ás seguintes preguntas:






Hai 2.o22 anos , o 12 de febreiro, morría un xeneral que foi o principal asesor militar e político dun home que cambiou as estructuras de goberno da Roma da súa época, e por tal motivo ata deu o seu nome ós seus sucesores. Tal era o aprecio que o segundo sentía polo primeiro, que chegou a nomealo herdeiro e mesmo o casou coa súa filla. E un dos monumentos máis espectaculares que perviven da Roma antiga leva, precisamente, o seu nome. Debedes conseguir o nome completo deste xeneral.






O mesmo día, 12 de febreiro, pero de 53 anos máis tarde, nacía un rapaz que estaba destinado, pola familia na que naceu, a herdar os títulos e os poderes de seu pai. Non obstante, morreu antes de tempo, e hai quen sospeita do principal beneficiado da súa morte: un medio irmán seu (axudado quizais pola súa nai). Cales eran os nomes respectivos destes dous rapaces e a qué título e poderes nos estamos a referir?






Uns 16 anos despois da morte do protagonista da primeira pregunta e 37 antes do nacemento do mencionado na segunda, (iso si, o 21 deste mes) morría tamén outro personaxe da mesma familia a consecuencia dunhas feridas de guerra sufridas no asedio dunha fortaleza en Armenia. Para non liar máis a cousa: como se chamaba o infortunado e que parentesco o unía co xeneral cuxo nome seguramente averiguaches na primeira cuestión?


BIS REPETITA PLACENT!

No hay comentarios:

Publicar un comentario